Ciclo da terra
Millán Picouto
Antiga divindade suprema e planeta da aventura humana, a Terra preside o terceiro ciclo da obra dramática do poeta. Consta de tres traxedias e unha comedia. En Prisciliano en Tréveris, sobresae a forte e nobre personalidade do protagonista. O mundo de Os corvos é o da beleza selvaxe das sagas islandesas. En María Soliña numerosos e variados personaxes entretécense nunha trama que non elude a farsa, a sátira e aínda o conflito idiomático entre unha institución foránea e o pobo galego e As andoriñas decorre na China do século XIV, ao final da dinastía mongólica dos Iuan.
Unha obra dramática en verso, inusual no panorama das letras galegas, e incluso hispánicas, chea de forza, esplendor verbal e significación.
- Escritor
- Millán Picouto
- Colección
- Colección Aberta
- Número en la colección
- 11
- Idioma
- Galego
- EAN
- 9788496067066
- ISBN
- 978-84-96067-06-6
- Páginas
- 446
- Ancho
- 1,3 cm
- Alto
- 2,1 cm
- Edición
- 1
- Fecha publicación
- 01-01-2006