Incluidos en cartas, publicados nos xornais e, moitas outras veces, encontrados nos petos dos propios corpos, os poemas dos poetas que morreron na Primeira Guerra Mundial constitúen a testemuña singular dunha das épocas máis tráxicas e fascinantes da Historia. É a poesía do horror, da decepción, da desesperanza e da loucura, é a única poesía nova con pleno dereito a chamarse así. É a poesía da guerra. É a poesía dos mortos.
|