AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias








 

Narrativa
     
 

Poesía completa
Wilfred Owen

 
 


Tradución de Antonio Linares Familiar

 
     
     
 

Ler a Wilfred Owen (1893-1918) é ler unha das grandes voces da Primeira Guerra Mundial; ler uns poemas nos que aparecen a pulsión da batalla, o medo, a angustia ou o alivio como cantos de vida e, sobre todo, compasión; unha compasión imbricada na comprensión hacia aqueles homes cos que compartiu trincheira, cos que chegou á consciencia dos aspectos máis desalmados da loita; unha experiencia vital que fixo que para o noso autor a alma da súa poesía fora a guerra e a dor que causaba: unha poesía da dor.
Cunha linguaxe intensa, coidada, onde a atmosfera, a paisaxe, o vivido e o presentido forman parte do eu literario, Owen convirte o lector en testemuña da súa evolución como home e como escritor, e lévalle a perderse na profundidade do sufrimento, da humanidade e lle fai consciente da hipocrisía oficial imperante nos momentos da Gran Guerra. Owen levou a súa palabra ata o final, ata chegar a ese punto no que aquelo que lle convirtiu nun gran poeta foi o que acabou coa súa vida.

 
     
 

COLECCIÓN: Linteo Poesía nº 43
ISBN: 978-84-942551-1-3
ANO: 2015, 1ª ed.
PÁXINAS: 232
TAMAÑO: 14 x 22 cm.
PVP: 14,90 Euros

VOLVER
Coleccións

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com