Anne Sexton viaxou ata as profundidades do seu quebradizo estado de ánimo para rescatar as perturbadoras imaxes que trascenden a experiencia persoal, reflexando os traumas da sociedade acomodada que lle tocou vivir. Foi poeta, nai, esposa e muller, e non sempre por ese orden. Os seus poemas de amor cantan á pulsión indomable, ao desexo insatisfeito e socialmente reprimido. Sexton, ante a súa depresión, escribiu con man firme. Unha man que, como ela dixo nun poema, vive sobre toda América.
|