Máis definido e alto El cementerio marino, a outra gran obra en verso de Paul Valéry? Cada
lector opinará. O certo é que as dificultades, padecementos, meandros e barroquismos retóricos de La joven parca non decepcionarán xamais ó lector desta xoia, sempre que sexa paciente, reiterado e lento no saboreo. Para un, é unha das maiores alfaias poéticas do século XX, xunto á La tierra baldía o Cuatro cuartetos de Eliot, as Elegías de Duino ou os Sonetos a Orfeo de Rilke (A. M. S.). |