Libro inédito redactado fundamentalmente en Moguer entre 1911 e 1912, supón a apertura da transición de Juan Ramón cara unha nova orientación lírica. Nestes novos poemas Juan Ramón mostra un lirismo pensativo, en ocasións metafísico, descoñecido na poesía española da época. Hai nestes versos tan só ritmo de pensamento, música interior na que prima a melodía frente á armonía. O autor alexábase conscientemente do sentimentalismo e indagaba con estes versos suaves, lixeiros e monótonos e cun léxico sinxelo, unha expresión distinta na nosa lírica que só cando chegou en 1916 a Nova York para casar con Zenobia, viu confirmada na lírica dos “imaxinistas” que alí triunfaba daquela.
|