Escolma, tradución e introdución de José Luis Puerto
En Miguel Torga a poesía vólvese diario e, polo tanto, latexo existencial no tempo. Poesía e vida nel van sempre da man e, para verbalizar tal experiencia do espírito, utiliza sen reparo ningún ferramentas da poesía clásica (cómputos silábicos, rimas, figuras...) e sométeas e moldéaas, levándoas ao seu territorio; como tamén para expresar o seu eu e o seu mundo, utiliza un amplo abano de motivos, no que se atopan o relixioso, o pagán, o existencial, a terra, a natureza, o bucolismo, o mundo clásico, o iberismo, o amor, os seres próximos e queridos... O resultado é sempre convincente, pois, como lectores, sentimos que en Torga, a poesía verdadeira, como ocorre sempre coa mellor, nos expresa e acompaña.
COLECCIÓN: Linteo Poesía nº 5 ISBN: 84-96067-00-9 ANO: 2002, 1ª ed. PÁXINAS: 296 TAMAÑO: 14 x 22 cm. PVP: 18,90 Euros
EDICIONES
LINTEO I Xaquín
Lorenzo, 1 32003 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163
I E-MAIL:
linteo@ctv.es