Hai escritores cuxo destino é sobrevivir ós seus contemporáneos. Héctor E. Ciocchini é un deles. Poeta, crítico literario, profesor no Warburg Institute, ensaísta, a súa dilatada obra revélanos que estamos ante un dos autores arxentinos con máis talento pero quizais tamén, e ende mal, máis descoñecido. Esta antoloxía poética, con prólogo de María Fernanda Santiago, pretende restituír o escritor ao lugar que lle corresponde. Unha antoloxía sempre nos propón unha parábola vital, unha especie de biografía espiritual do poeta. No caso de Héctor E. Ciocchini asísteno as presencias tutelares do ámbito familiar e, por suposto, os deuses tutelares do universo da arte: Baudelaire, Keats, Valéry, Rimbaud, Cernuda, Leopardi…
A ambición da arte de Ciocchini é abandonar todas as formas triviais e apracibles da cultura, dos hábitos da cultura, para penetrar no máis íntimo do universo, para poder expresar o seu máis recóndito segredo |