Os poemas de Gumiliov están cheos de imaxes vivas e diáfanas. Reloce neles o exótico, o donxoanismo, o vigor e un candor irredutíbel. A pesar de que, con todo iso, podería esperarse unha caída no colorismo e no amaneramento da forma, os mellores poemas de Gumiliov vencen todos os escollos e seguen alentando; si hay ficción, un punto de alambicamento ou inxenuidade, éstos son os da vida e o pálpito do poeta, non obedecen a unha construción baleira.
|