AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias








 

Narrativa
     
 

Elogio de vivir
Xavier Seoane

 
 

 

 
     
     
 

Membro da xeración poética dos 80, que contribuíu radicalmente á renovación da poesía galega contemporánea, Xavier Seoane recompila e traduce nesta obra un conxunto significativo da súa produción. Poemario con diversidade de temas e rexistros, Eloxio de vivir recolle tanto a presenza atlántica e vigorosa da natureza e da paisaxe galegas, como a afirmación ontolóxica, a celebración da vida ou a reflexión elexíaca existencial ou amatoria.  A unha veta xenuinamente lírica súmanse poemas con alento social ou histórico, simbólico ou mítico, histórico ou cultural, epifánico ou antropolóxico. Crónica persoal e testemuña do vivido, sobre un poderoso escenario finistérrico, atlántico e telúrico, a súa obra envólvenos nunha espiral de tempo, da memoria e dos soños.

 
     
 

COLECCIÓN: Linteo Poesía nº 47
ISBN: 978-84-944660-9-0
ANO: 2017, 1ª ed
PÁXINAS: 224
TAMAÑO: 14 x 22 cm.
PVP: 12,90 Euros

VOLVER
Coleccións

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com