Con Ellos, editado agora por vez primeira como volumen independente, quixo JRJ perpetuar a memoria dos seus. Anunciado en 1918 polo escritor, non alcanzaría, sen embargo, forma definitiva ao longo da súa vida.
A rigorosa investigación do profesor José Antonio Expósito Hernández, a partir dos últimos estudos publicados xunto coa revisión dos documentos gardados no arquivo familiar, o AHN, a SZJRJ, conseguiu reunir a máis completa colección de poemas do que puido ser este proxecto juanramoniano: en total son 86 poemas, ben inéditos, ben rescatados de publicacións menores ou de ámbito moi restrinxido, ou desperdigados noutros poemarios do poeta de Moguer.
Fotos familiares, algunhas inéditas, e un número importante de textos autógrafos dos poemas enriquecen a edición.
|