A poesía de Herta Müller xorde sen dúbida do mesmo venero que a súa prosa: a conciencia de liberar o espontáneo da imaxinación para superar o dano producido pola visión ideolóxica, aquela que coñece de antemán o seu camiño e somete a realidade e a súa linguaxe a un percorrido unívoco onde a anomalía e a sorpresa, o azar e o fantástico, son crimes contra a santa autoridade ditada.
Os seus poemas –que aquí se reproducen de acordo a súa edición orixinal- son distintos dos habituais nos libros de poesía. Son poemas collage que, cal quebracabezas imantado de significacións que se atraen e sobrepasan, deixan no lector a dúbida de si se xoga con él ó percorrido azaroso do poema moderno ou a inquietude da búsqueda dun significado que se presente revelador.
|