A obra poética de Broda conseguiu conxugar un lirismo impersoal e intemporal de inmenso calado místico, coas grandes inflexións formais surxidas nos últimos decenios. Trátase dunha poesía feita de palabra impregnada en carne e sangue e ditada fundamentalmente pola angustia punzante do desexo, xa que a autora sente que “o amor está chamado a durar tanto tempo como o home, e durará tanto, que este será para sempre un ser deslumbrante de desexo.”
|