Esta antoloxía recolle poemas testemuño da atmosfera saturada de irrisorio e grotesco que se respiraba baixo o réxime totalitario de Rumanía, o que Flămând chama "la vida ensayo", xunto con ecos ulteriores da mesma tristeza metafísica dilatada en anos confusos de soidades, de adaptacións e alleamentos de eu poético, nos que intuición e reflexión se equilibran mutuamente nunha diversa paleta de rexistros, temas e procedementos poéticos.
|