Cinco Cartas a Elena mostra a escritura do poeta francés que, premiado co Nacional de Poesía Apollinaire e co Gran Premio da Academia Francesa, sacudiu do seu letargo a ensimesmada poesía francesa trala explosión das vangardas no século pasado. Trátase dunha poesía vital de profundo contido filosófico, que percorre as paisaxes e os personaxes da Historia de Europa facéndoa vibrar no que o propio poeta define como “poème parlé-marché” ou poema que fala mentres camiña.
|