Tradución de Héctor E. Ciocchini e Héctor Blas González
Ás xa numerosas traducións deste mítico poema vén a sumarse esta versión de El cementerio marino, resumo e emblema do espírito poético de Paul Valéry, sen dúbida un dos poetas fundamentais do século XX. Nela, Héctor E. Ciocchini e Héctor Blas González souberon encontrar o difícil equilibrio entre a fidelidade ao orixinal e a arte propia con preferencia polo ritmo interior frente á forma externa: «A tradución é de rara elegancia e fidelidade. Non se adverte nos versos, de ningún xeito, o modelo francés, e, aínda máis, moitos constitúen belísimas invencións formais en español. É admirable a simplicidade, obtida con quén sabe qué esforzos». (Cesare Segre). As abundantes notas eruditas e a iconografía que acompañan o texto ofrecen todo o trasfondo necesario para entender o poema. O prólogo descobre algunhas das súas posibles fontes clásicas, máis por un afondamento libre do texto que por unha rigorosa fonte localizable entre as débedas de Valéry á Antigüidade.
COLECCIÓN: Linteo Poesía nº2 ISBN: 84-930058-9-4 ANO: 2001, 1ª ed. PÁXINAS: 102 TAMAÑO: 14 x 22 cm. PVP: 9,62 Euros
EDICIONES
LINTEO I Xaquín
Lorenzo, 1 32003 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163
I E-MAIL:
linteo@ctv.es