«Tiene este libro un olor que me recuerda / el olor que tenía mi madre. Un sosegado / aroma de recato, sin explosión, esencia / íntima de un placer vivo y velado…». Así comeza un dos corenta poemas inéditos que contén Apartamiento, libro escrito por Juan Ramón Jiménez entre 1911 e 1912. Domingos, El corazón en la mano e Bonanza constitúen as súas tres partes e, no seu conxunto, é un libro esencial na traxectoria poética do premio Nobel. Do mesmo modo que fixo con outros títulos de JRJ –Ellos, Libros de amor, La frente pensativa, Arte Menor, Espacio y Tiempo– Ediciones Linteo rende unha vez máis unha homenaxe ao insigne poeta de Moguer. |