Mi Taishan (nome dunha das cinco montañas sagradas de China) é un libro de memorias, de meditacións e soños, escrito nun estilo imaxista que pasou polo filtro da postmodernidade. Poesía confesional, coa que a autora nos ofrece, transcendéndo, o retrato da súa vida e o da súa familia: o seu avó Ezra Pound, a súa nai Mary, a súa avóa Olga… Mi Taishan é, ademáis, un libro que contén poemas de amor, con reflexións acerca da súa inefabilidade, e que expresa o anhelo por alcanzar o amor absoluto. Outros poemas teñen como referente a natureza ou constitúen elexías de amigos ou familiares finados. En definitiva, poesía concisa, suxestiva, que busca a esencia na observación directa do obxeto poético. |