Canda a correspondencia entre dous irmáns exiliados, o eco dos mortos, a radio e un gusto irrefreable polos mitos, vaise construíndo esta novela. É a historia dunha saga familiar en loita constante contra a adversidade, contra o tempo, contra as súas débedas de sangue, pero, maiormente, é o empeño dos seus integrantes por agrupar a multiplicidade de historias arredor de Castroluce, o último esconxuro contra o esquecemento. As tramas repártense entre espacios reais –Bos Aires, Chicago, Madrid... – e esa mestura de cárcere e paraíso perdido que é, para os protagonistas, Castroluce.
El tiempo de las lluvias é, ademais dunha novela coral con excelentes estratexias narrativas e unha prosa chea de crueza e poesía, un fermoso exercicio de mitificación.
|