Rozário é unha aldea situada nunha das illas do cordón das Azores «unha cagaluta de mosca» no medio do Atlántico verde, altiva, graciosa, fermosa e solitaria que acolle a seres que sofren e arrastran esa soidade de séculos que se transmite de pais a fillos como unha condena irremediable. Neste contexto desenvólvense un sinfín de personaxes: o padre Governo; Guilherme José, o rexidor elevado no poder; o sanador Cadete, atrapado na superstición; João Maria, o home íntegro e bondadoso, e a súa muller Sara; João Lázaro, o apóstolo da verdade e da rebeldía... O autor eleva a categoría universal tódolos males da illa e denuncia a impunidade dos seus gobernantes que prometen reinos fóra deste mundo no nome dos todopoderosos.
|