O paso do tempo, o amor, a guerra colonial, o Portugal interior do Alentexo, a cidade de Lisboa, que besa o mar coas súas rúas e prazas, París ou as illas Azores, que co feitizo da súa beleza seducen ó viaxeiro na percura das fontes da inmortalidade, constituen o tecido literario desta seleción de relatos de João de Melo traducidos por vez primeira ó español. E, con el, móstrasenos unha ampla galería de persoaxes: o militar patriótico e prepotente, a esposa modelo que anula a personalidade do seu marido, a viuva relixiosa, a profesora entregada ós seus alumnos, o anticuario enriquecido co ouro e o pranto dos vencidos, o escritor vaidoso, o vello celoso da beleza da súa dona, a amada chea de misterio e maxia… Recreación da vida nunha retícula literaria que busca a miúdo implicar ó lector. |