Macrocosmos reúne 23 obras dramáticas escritas en verso (algunha delas ten máis de 3.000 versos) agrupadas en ciclos planetarios, dirixida a un público de fala hispana, é a tradución ó castelán de Ciclo de Mercurio, Ciclo de Venus, Ciclo da Terra, Ciclo de Marte e Ciclo de Xúpiter, publicadas orixinalmente en galego.
Unha obra dramática en verso, inusual no panorama das letras hispánicas, chea de forza, esplendor verbal e significación, concebida na senda da tradición europea e realizada cos recursos vitais e artísticos que produciu o propio autor que desprega, ó longo destas fermosas pezas, un estilo deslumbrante.
|