Dulcinea é un ente de ficción necesario, si, polo xénero da novela de cabalerías, mais será o rescate final de don Quixote, da súa loucura, e a súa razón de ser cabaleiro andante, o seu ideal, como veremos na derradeira ilustración deste libro. Non cabe outra solución estética nin novelesca. Movémonos na ficción pero tamén nos ideais. Cada lector sacará as súas conclusións. Ramón Pérez Carrió (Pedreguer, Alicante, 1960) interprétaa de maneira extraordinaria, eleva o personaxe a mito nas súas ilustracións. O personaxe amósase en toda a súa belleza, como a imaxina e a defende don Quixote.. |