Mesmo a máis bela das princesas debe ir á cama pola noite.
Mais, que ocorre se unha princesa non pode durmir?
Por sorte, todo o mundo está disposto a axudala.
E inténtano con todo o que se lles ocorre:
contar ovellas, ler contos, cantar nanas…
Pero nada disto funciona.
Quen poderá conseguir que a princesa durma?
Un libro fermoso sobre os problemas das princesas, que resulta extraordinariamente familiar. Este libro non só está feito para nenos e mayores, senón tamén por nenos e mayores. An Leysen, a autora, engade os debuxos da súa filla Louise. O resultado é un lugar feiticeiro, un máxico país de fadas, para nenos a partir dos 4 anos.
|