Cancodrilo é un animaliño humanizado e infantil, semella a un neno que quere aprender e enfrentarse ao mundo cotián. É inocente e sempre trata de descubrir algo novo. Nas súas historias acompáñanlle varios personaxes, entre eles destaca o seu mellor amigo Ourizopicón, Adela, Laura, Nico, Brais, Susito e Raias. Os protagonistas son unha mestura de personaxes humanos e animais humanizados que conviven sen diferencias aprendendo uns dos outros.
Os contos pretenden transmitir unha mensaxe aos máis pequenos, as historias teñen unha finalidade didáctica, educativa e divertida, de amistade así coma de respeto, estos valores intégranse e foméntanse nas series. Os contos son independentes uns dos outros. Os protagonistas son amigos que van descubrindo o mundo que lles rodea, moitas veces meténdose en lios, aprendendo cousas novas e útiles. As veces teñen medo das cousas simplemente porque non as coñecen, e precisamente por iso, hai que darlles a oportunidade de descubrilas, deste xeito os nenos síntense identificados cos personaxes.
Para nenos a partir de 3 anos |