Para nenos a partir de 4 anos.
Con quen podes contar?
Se ti es un cabaliño de mar e estás soíño,
ten por seguro que haberá peixes amigos,
dous, tres —máis de dez—
para alegrarte.
Se ti es un neno con este libro no colo,
podes apostar polo libro máis brillante
e amigable de todos os sete mares.
De novo Saxton Freymann e Joost Elffers,
xuntos, nunha excursión submarina
chea de brillantes polbos plátano,
pementos anxo e figuras de froitas e
vexetais incribles que redefinen o
significado da palabra “marisco”.
|