AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



William Butler Yeats

W. B. Yeats
nace o 13 de xuño de 1865, no seo dunha familia protestante irlandesa. En 1889 publica The Wanderings of Oisin and Other Poems, e ademais  enamórase de Maud Gonne quen supón para Yeats non só un amor non correspondido, tamén a súa incorporación ó movemento nacionalista irlandés, así como a inspiración de todo o escrito polo poeta durante aqueles anos.
Xunto co poeta norteamericano Ezra Pound traballa na edición de traducións de obras do teatro xaponés NÓ cuxa influencia verase reflexada en Four Plays For Dancers de 1916.
En 1922 é nombrado senador do recén creado Estado Libre de Irlanda. Ó ano seguinte concédeselle o Premio Nobel de Literatura. Nesa época a súa mente está comprometida coa análise da relación entre a imaxinación, a historia e o oculto; traballa na elaboración dunha especie de libro sagrado das artes, A Vision, publicado por primeira vez en 1925 e sobre o que Yeats seguiría traballando ata a versión definitiva de 1937.
Os seus últimos anos foron duros, falece en Francia o 28 de xaneiro de 1939, despois de terminar o seu traballo final, The Death of Cuchulain, e os seus dous últimos poemas. Un autor fundamental para comprender a evolución da poesía contemporánea e que tanto influiu en moitos autores posteriores.

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com