Xosé Manuel del Caño
Xosé Manuel del Caño naceu en Santa Eufemia (Celanova) o 17 de decembro de 1955. É coordinador da delegación de Faro de Vigo en Ourense. Dirixiu a revista literaria Follas Secas. Fundador do premio “Celanova, casa dos poetas” da Fundación Curros Enríquez. Publicou os libros O mal tempo (1981), Lembranzas dun home (1983), Once nudos I e II (1984-1985), Areas (1990), Conversas con Manuel María (1990), Cen galegos (1993), Guía de Ourense (1996), Literaria (1997), Historia ilustrada de Ourense (2001), Salgroso/A muller de Lot (2002), Ourense, paisajes, ciudades, monumentos (2004), Antonio Tovar. Conversas cun vello revoltado (2005), Alfonso S. Palomares. La lucha por la libertad (2005), Conversas con Méndez Ferrín. Historia, literatura, nación (2005), O misterio de Carlos G. Reigosa (2007). Memorias faladas. Xaime Quessada. Artista da xenialidade (2008). Conversas con Alfredo Conde. Xuízo, sentenza e condena (2009) e O contencioso de Sargadelos. Isaac Díaz Pardo (2009).