AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



William Wordsworth

William Wordsworth
(1770-1850) impulsou un movemento de renovación poética –logo denominado Romanticismo–, cuxa influenza na poesía occidental chega ata os nosos días. Para iso, tivo que vencer á resistencia dos poetas neoclásicos que, nesa época, impoñían os seus criterios estético-literarios. Wordsworth rexeita a súa oca fraseoloxía e os seus convencionalismos ideolóxicos, literarios e sociais; e retorna á antiga tradición inglesa, recuperando as baladas e o uso do verso branco, empregando a linguaxe da xente común e falando de temas cotiáns e humildes. Ademáis, introduce un novo concepto de poeta, que expresa o que sente, e outorga valor poético ó seu «Eu», que só se diferencia das demáis persoas no seu grao de sensibilidade e en que é capaz de sentirse emocionado por cousas ausentes coma se estiveran presentes.

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com