Paul Valéry
Paul Valéry (1871-1945) cursou estudios de dereito na Universidade de Montpellier. Elixido membro da Academia Francesa, tivo ao seu cargo, ata a súa morte, a cátedra de poética no Collège de France. Notable ensaísta e crítico literario, a súa obra poética abarca o poema Le jeune parque (1917), L’album de vers anciens (1920) e Charmes (1922), colección de 21 poemas que inclúe Le cimetière marin.