
 |
Miguel
Torga
Miguel Torga (pseudónimo
literario de Adolfo Correia da Rocha; Sao
Martinho de Anta, Tras-os-Montes, 1907-Coimbra,
1995) é un dos escritores universais da
literatura portuguesa do século XX. Cultiva,
con moi alta fortuna, todos os grandes xéneros:
o conto, a novela, o teatro, o ensaio, o
diario e a poesía. E a todos lles imprime
ese selo dunha poderosa personalidade que
sempre xunta literatura e vida. A súa obra
poética iníciase con Ansiedade
(1928) e comprende títulos tan significativos
na súa traxectoria como O outro Livro
de Job (1936), Odes (1946),
Cântico do Homem (1950), Orfeu
Rebelde (1958), Câmara Ardente
(1962) ou Poemas Ibéricos (1965),
entre outros; ademais de atoparse diseminada
en cada un dos dezaseis tomos do seu Diario
(1941-1993). Trátase dunha poesía na
que o autor -a partir de claves existenciais
que lle dan a súa peculiar personalidade
e coherencia- elabora un verdadeiro "cántico
do home", nunca desligado da vida, que é
a que outorga verdade á beleza da súa palabra.
|