AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Xavier Seoane

Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Escritor, profesor, conferenciante, articulista, comisario de exposicións e organizador cultural, participa dende os 70 na renovación cultural, artística e literaria de Galicia. Colaborou estreitamente con movementos de artistas plásticos. Membro fundador da revista e foro Luzes de Galiza e do grupo poético De amor e desamor. Na súa poesía destacan Don do horizonte (1978-1999), que recolle o conxunto dos seus libros poéticos ata esa data, Dársenas do ocaso (2002), Vagar de amor e sombra (2004), Para unha luz ausente (2006), Do ventre da cóbrega (2008) e Raíz e soño (2009), Espiral de sombras (2013) e Threnói (2016). No ensaio artístico, editou Identidade e convulsión (1990), Reto ou rendición (1994), e monografías e catálogos sobre artistas. No ensaio humanístico, Atravesar o espello (1999), unha defensa da lectura; O sol de Homero (2002),  unha reflexión sobre a función da poesía; Saudar a vida (2007), sobre a relación entre as humanidades e as ciencias; e Todos somos Ulises (2016), unha aposta por unha educación humanista e democrática. En narrativa, publicou as novelas Ábrelle a porta ao mar (2000), Filiberto e Sofonisba (2010) e A Dama da noite (2014), esta última sobre a poeta Rosalía de Castro. No ámbito do aforismo, Irispaxaros (1984) e A rocha imantada (2009).

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com