AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Rainer Maria Rilke

Rainer Maria Rilke
(Praga, 1875 –
Val-Mont, Suiza, 1926) é considerado un dos poetas máis importantes en alemán e da literatura universal. As súas obras fundamentais son as Elegías de Duino e os Sonetos a Orfeo. En prosa destacan as Cartas a un joven poeta e Los cuadernos de Malte Laurids Brigge.
A súa infancia e adolescencia, que transcurriron en Praga, non foron demasiado felices. En 1895 e 1896 estudiou literatura, historia do arte e filosofía en Praga e despois en Múnich. O seu primeiro libro de poemas, Vida y canciones, muy influenciado pola poesía de Heinrich Heine,  publicoúse en 1894. Despois dunha serie de viaxes por Italia e Rusia publicóu en 1905 El libro de horas. Na primaveira de 1901 casou coa escultora Clara Westhoff e en decembro dese mesmo ano naceu a súa filla Ruth. Ainda que mantivo ata o resto da súa vida a súa relación con Clara Westhoff, Rilke non soubo adaptarse a vivir nun fogar de clase media. As obras máis importantes do período parisino foron Nuevos poemas (1907), Segunda parte de los Nuevos poemas (1908), Réquiem (1909) e a novela Los cuadernos de Malte Laurids Brigge (1910). A partir de 1923 Rilke tivo que afrontar un serio problema de saúde. A pesar da súa enfermidade, escribiu numerosos poemas entre os anos 1923 e 1926, entre os que destacan Gong e Mausoleo, ademáis dunha extensa obra lírica en francés. Morreu de leucemia o 29 de decembro de 1926.

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com