
 |
Ramón
Pérez Carrió
Ramón Pérez Carrió (Pedreguer,
Alicante, 1960). Desde 1979 a 1984 cursa
estudios de Bioloxía e Filosofía na Universidade
de Valencia. É licenciado en Belas Artes
pola Universidade Politécnica de Valencia.
En 1991 foi membro fundador do Grupo De
Reüll. En 1996 participa na organización
do proxecto Movimiento-Inercia
en Valencia, e en 1998 en Injerencias
en Puerto de Sagunto. A súa profesión e
a súa vida son as artes plásticas. Desde
1982 a súa obra ten sido exposta en numerosas
cidades de España ademais de Francia, Italia,
Holanda, Suiza, México, Chile.
Da
súa obra cabe destacar a instalación Libros
de Plomo, itinerante e premiada polos
medios de comunicación en Art-Ibiza
99. Ao longo da súa traxectoria a súa
obra ten sido galardoada en importantes
certames nacionais e internacionais. Sempre
tivo unha estreita relación coa filosofía
e coa literatura, especialmente coa poesía.
Introduce o gravado calcográfico no ámbito
editorial. En 1999 inicia, con Ediciones
LINTEO, a colección Font
de la Cometa que, con Sepulcro
en Tarquinia de Antonio Colinas e Tres
Lecciones de Tinieblas de José Ángel
Valente, ofrece unha liña de edicións artesanais
creativas.
|