AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Patrizia de Rachewiltz

Patrizia Barbara Cinzia Flavia de Rachewiltz naceu en 1950 en Merano, na rexión dos Dolomitas italianos. Poetisa que escribe en varias linguas (inglés, italiano, francés e holandés),  herdeira dunha longa tradición poética. Seu pai, un príncipe ruso-italiano, Boris de Rachewiltz, foi un famoso antropólogo especialista en África e o mundo antigo mentres que a súa nai, Mary, poetisa norteamericana, memorialista e tradutora, era filla da famosa violinista Olga Rudge e de Ezra Pound, o maior poeta norteamericano do século XX. Patrizia criouse no Tirol e cursou estudos en Merano. Á idade de 15 anos ingresou no liceo francés en Roma. Máis tarde, matriculouse na Universidade Ca’Foscari en Venecia e prosegueu os seus estudos de literatura inglesa e xaponesa na Universidade de Viena. En 1972, despois da morte de Pound en Venecia, acompañou á sua nai a EE.UU e traballou xunto a ela na colección de manuscritos do seu avó, custodiada na Beinecke Library da Universidade de Yale. En 1973, viaxou a Holanda e casou con Pim de Vroom, un fotógrafo e produtor de cine holandés co que tivo dous fillos, Demian e Cyril. A parella separouse anos despois, pero Patrizia fixo de Holanda a súa patria. Adicouse  á poesía, á ensinanza de idiomas e á tradución de poesía. Debutou con Songs of the Peacock (Paulist Press 1977), unha colección de contos simbólicos, a que seguiron outros libros de poemas My Taishan (Raffaelli Editore 2007), Dear Friends (Palisade Press 2008) e Tresspassing (Uno Press 2011). Do mesmo xeito traduciu os poemas de Cummings ó italiano, Favole (Edizioni Scheiwiller 1975) e publicou en inglés textos de Paul de Musset, Mr. Wind and MadamRain (Edizioni C’era una volta 1994), “Eros Psyche” de Michael Lekakis (Raffaelli Editore 2007) e poemas de Cesare Pavese, Your Eyes (Palisade Press 2009).

 

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com