Wilfred Owen
Wilfred Owen (1893-1918) é un referente literario no mundo anglosaxón. A súa obra posúe unha evolución literaria e vital que a fan moi fermosa: dende uns primeiros poemas de xuventude, nos que o eloxio da propia Poesía, o amor, a paisaxe e unha lealtade literaria a Keats son os exes principais, ata chegar aos poemas de guerra que pasan, como en tantos autores do momento, por unha pasión patriótica, ata o desencanto máis descarnado e desalmado provocado polo conflito irracional da Primeira Guerra Mundial.