AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Novalis

Novalis
(Castelo de Oberwiederstedt, na zona de Saxonia, na actual Alemaña, 2 de maio de 1772 – Weibenfels, 25 de marzo de 1801) foi un poeta alemán. O seu nome real era Georg Friedrich Philipp Freiherr von Hardenberg. Nacido no seo dunha familia nobre de Saxonia, recibiu unha educación pietista. Estudiou dereito en Xena, onde asistiu ós cursos de historia de Schiller e coñeceu a Fichte, cuxa filosofía idealista gravita sobre toda a súa obra. Despois do seu traslado a Leipzig en 1791, coñeceu os irmáns Friedrich e August Wilhelm von Schlegel, cos que colaborou máis adiante nalgúns proxectos como a revista Athenaeum, unha das primeiras manifestacións do Romanticismo. Un ano máis tarde pasou a Wittenberg, onde exerceu a xurisprudencia. A morte da súa prometida, a xovencísima Sophie von Kühn, a causa da tuberculose (1797), afectoulle profundamente. Nos seus Himnos á noite (Hymnen an die Nacht, 1800), colección de poemas en prosa e verso, o poeta exalta a noite, identificada coa morte, como o paso cara a “vida verdadeira”, un renacemento místico na persoa de Deus, onde sería posible o reencontro coa súa amada e co conxunto do universo. En 1799 converteuse en administrador de minas en Weissenfels, pouco antes da súa prematura morte, tamén a causa da tuberculose.

 

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com