
 |
Ricardo
Molina
Ricardo Molina (Puente
Genil, 1917-Córdoba, 1968) exerceu a docencia
en Córdoba, cidade na que vai decorrer toda
a súa sinxela peripecia vital ata a súa
morte. Poeta do Amor e da Vida, o seu propio
corpo e a súa mesma alegría de vivir sérvenlle
de poderoso instrumento para o coñecemento
e comprensión do mundo, no que harmoniosamente
se instala. Frente a quen se recrean morbosamente
na dor e sacrifican o gozar do instante
a unha ascética renuncia, levados por un
pesimismo existencial ou unha dubidosa transcendencia,
Molina opta polos máis "terrestres alimentos",
por "el ruiseñor, la rosa/ la primavera
bella y solitaria", que florecen nos "prados
del mundo"; é dicir, por un hedonismo radiante
e asequible, a pesar das estreitezas da
existencia cotiá que lle toca vivir: "estar
allí en la vida que latía/ en la canción
del tordo, en el seto florido,/era bastante.
Otra sabiduría/ no quise". Pero este luminoso
epicureísmo co peso dos anos e o asedio
da enfermidade vai tinguirse dun resignado
estoicismo, moi cordobés, ante a adversidade
irrevocable: "La primavera... y yo, triste,
sufriendo/ en cada soplo de mi boca/ la
indiferencia inmensa y absoluta/ de la tierra
y el cielo". (Carlos Clemenston). |