AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias








 

AUTORES



James Laughlin

James Laughlin (Pittsburg, Pennsylvania, 1914 - Norfolk, Connecticut, 1997) está recoñecido xa como un dos poetas norteamericanos máis valiosos do século XX. Estudou en Harvard latín e italiano. Con vinte anos veu a Europa. Coñeceu en París a Gertrude Stein. En Italia a Pound, do que foi discípulo único durante seis meses. Pound, que valorara a poesía de Laughlin como “visiblemente elevada”, acabou aconsellándolle que deixara de escribir e que fora editor. O mozo voltou a Harvard e en 1936 fundou a editorial New Directions, que marcou a literatura do noso tempo. En canto á poesía, tardou catro décadas en desobedecer. Publicou entre outros libros, In Another Country (1979); The House of Light (1986); Tabellae (1986); The Owl of Minerva (1987); Collemata (1988); Collected Poems (1992).
 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com