AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Lasse Söderberg

Lasse Söderberg
(Estocolmo, 1931). Poeta, ensaísta, tradutor e introdutor da poesía estranxeira en Suecia. Publicou uns 20 libros de poemas, seis libros de ensaios e unhas
80 traducións de diversas linguas. Entre os autores traducidos destacan Federico García
Lorca, Jorge Luis Borges e Octavio Paz. A súa antoloxía bilingüe de poesía chilena, dende Nicanor Parra ata Raúl Zurita, foi premiada na Feira do libro de Santiago de Chile, no 2003.
Colaborou en Vuelta, Cuadernos Hispanoamericanos, Letras Libres y Letra Internacional entre outros. Durante máis de vinte anos liderou as Xornadas Internacionais de Poesía en Malmö, onde reside na actualidade e onde continúa organizando encontros lírico-musicais. Dirixe a editorial Aura Latina e colabora regularmente con «Lyrikvännen» unha das revistas literarias máis divulgadas en Suecia. Algúns dos seus títulos traducidos ao español son: Pájaro en mano, (Ed. Devenir, Madrid, 1986); Caracol de Europa (Simón Editor, Bogotá, 2003); El otro brillo (Caja Sur, Córdoba, España, 2004). Entre os premios que recibiu encóntrase o Bellmanpriset, 1996.

 

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com