Ko Un
Ko Un (Kunsan, Corea, 1933) empezou a escribir poemas en 1945 despois de ler a obra dun famoso poeta leproso, Han Ha-Un. En 1952, antes de que finalizase a guerra de Corea, convertiuse ó budismo. Durante os dez anos seguintes dedicou a súa vida á meditación zen viaxando por todo o país ata que abandonou a comunidade budista en 1962. Dende 1963 ata 1966 viviu recluido na illa de Cheju, onde dirixiu unha escola de caridade e regresou a Seúl en 1967 sumíndose nun estado caracterizado polo nihilismo, os excesos de alcohol, o insomnio e varias tentativas de suicidio.
É en 1983 cando da un xiro total a súa vida. Despois de 50 anos de soidade, Ko Un casa con Sang-Wha Lee, profesora de literatura, e dous anos máis tarde nace a súa única filla, Cha-Ryong. A partir de entonces, Ko Un desenvolve una prolífica carreira creativa, máis de 120 obras: novela, ensaio, traducións, poesía… Finalmente o seu labor vese recoñecido por senllas nominacións ó Premio Nobel de Literatura nos anos 2002 e 2004.