AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Kikí Dimulá

Kikí Dimulá
(Atenas, 1931). Esta poeta fixo da discreción unha forma de vida: “soy prácticamente una extraña con respecto a los poemas que he escrito”. O seu segredo –como explica o profesor Juan Antonio González Iglesias na introdución a esta antoloxía– probablemente sexa moi antigo: fundar unha nova cousa que permite ver mellor as cousas. Kikí Dimulá, que recoñece ter “la sabiduría de los que ignoran”, con palabras que veñen de Sócrates, é unha das máis altas poetas que hai agora en Grecia. Traducida ao francés, inglés, alemán, italiano, danés, sueco e serbio, é Premio Nacional de Poesía do seu país e membro da Academia de Atenas. A selección desta antoloxía ten en conta os libros esenciais de Kikí Dimulá en toda a súa traxectoria e todos os poemas son inéditos en español. Neste ano 2010 Dimulá recibe o Premio Europeo de Literatura que outorga a Asociación Capital Europea de Literaturas (ACEL) e que “distingue la obra completa de un escritor europeo de talla internacional, que represente la dimensión cultural europea y la promoción del mejor conocimiento mutuo de los pueblos europeos a través de la literatura”.

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com