AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Herta Müller

Herta Müller
(Nitchidorf, Rumanía 1953) estudou filoloxía xermánica e rumana na Universidade do Oeste de Timisoara e formou parte do Aktionsgruppe, unha tertulia de escritores idealistas rumano-alemáns. O seu primeiro libro Niederungen foi publicado en 1982 en Rumanía pero en versión censurada e dous anos máis tarde  imprimiuse enteiro en Alemaña. A causa do seu libro Drückender Tango, un libro moi crítico coa corrupción, a intolerancia e a opresión do réxime, prohibiuselle publicar no seu país aínda que os seus libros triunfaban en Alemaña e Austria. En 1987 H. Müller marchou a Alemaña e fixou a súa residencia en Berlín. É membro da Academia Alemá de Oratoria e Literatura de Darmstadt. Destaca polos seus relatos acerca das duras condicións de vida baixo o réxime comunista. En outubro de 2009 concédeselle o Premio Nobel de Literatura que recoñece a súa capacidade para describir “el paisaje de los desposeidos”, ademais de numerosos premios. As súas obras foron traducidas a vinteún idiomas.

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com