AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Heinrich Heine

Heinrich Heine
(Dusseldorf, 1791 - París, 1856). É o primeiro de catro fillos do comerciante Samson Heine e de Peira Von Geldern. Foi alumno do Liceo de Dusseldorf. En 1816 Heine marcha a Hamburgo onde aparecen as súas primeiras publicacións. En 1821 matricúlase na universidade en Berlín onde toma leccións de filosofía de Friedrich Hegel. En 1822 publica o seu primeiro libro, Poemas, en 1823, en Berlín, Tragedia xunto a Un intermezzo lírico e en agosto estrea Almanzor. En 1826 tras unha forte censura, publícase Viaje al Harz que contén ademáis El retorno e El Mar del Norte, en 1827 o segundo tomo de Imágenes de viajes; contén: El Mar del Norte2. y 3., Ideas, El libro Le Grand, Cartas de Berlín. O 18 de outubro dese mesmo ano, a editorial Hoffmann und Campe edita Libro de las canciones. En 1831 fixa a súa residencia en París e a finais de 1832 as súas cartas como corresponsal en París preséntanse  en libro baixo o título Situaciones Francesas. En 1834 publícase o primeiro tomo de catro da obra El Salón. En 1841 casa con Matilde Mirat. En 1854 sae á luz Confesiones e Lutecia. Informaciones sobre política, vida artística y vida popular cuxa edición francesa senta as bases para a gran fama de Heine en Francia.

 

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com