J. W. von Goethe
J. W. von Goethe (1749-1832) poeta, novelista, dramaturgo e científico alemán, contribuínte fundamental do Romanticismo movemento ao que influíu profundamente. A súa obra, que abrangue xéneros como a novela, a poesía lírica, o drama e incluso polémicos tratados científicos, deixou unha fonda pegada en importantes escritores, compositores, pensadores e artistas posteriores. É considerado un dos poetas máis grandes non só da literatura alemá, senón da historia da literatura universal.