AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Stefan George

Stefan George (1868-1933) encomiado como o artífice do novo clasicismo lírico alemán,  revélase hoxe en día como referente indiscutíbel para todos aqueles que conciben a poesía como a Arte por excelencia. Buscador incansábel da beleza e mestre da palabra, a súa obra supuxo unha auténtica revolución na linguaxe poética alemá. Ritmo, musicalidade, exquisito rigor formal, sensualidade nos versos, métricas vibrantes, experimentación ortográfica e un absoluto dominio da estética son os sinais de identidade dun poeta que fincou as suas raíces en Poe para brillar con luz propia o carón de autores como Baudelaire, Mallarmé ou o Rilke dos Novos Poemas. Idolatrado polos seus discípulos, alcumado de reaccionario por naturistas e expresionistas, O novo reino supuxo o comezo dun silencio que enmudecería lonxe da súa terra natal. A Alemaña idealizada que presenta George nesta obra captou a atención do ascendente movemento nazi. Unha atención da que nunca se sentiu honrado. Rexeitou os intentos de convertelo no profeta do novo Estado, e descontento coa situación política do seu país, decidiu poñer terra por medio e exiliarse a Suiza. Alí finaría en 1933, deixando tras el un proveitoso legado que se mantén vivo a través dos tempos.

 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com