AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES


Castor Elices

Castor Elices Rodríguez (1847-1886) naceu na vila ourensá de Celanova. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, ingresou como médico militar na Armada, onde chegou a acadar o grao de capitán. Un desengano amoroso e maila morte da súa nai, a quen lle dedicaría sentidos poemas, acentuaron o seu temperamento desacougado acabando por recluírse na súa vila natal onde morreu prematuramente o 14 de marzo de 1886. Poeta intimista e de gran sensibilidade, Elices foi coñecido, sobre todo, polos seus poemas “As follas secas”, “A miña nai” y “Aínda te quero”, que mereceron a atención dos estudiosos Leandro de Saralegui e Carré Aldao entre outros.
 

 

Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com