Edward Thomas
Edward Thomas (Londres, 1878 - Arras, 1917) escribiu toda a súa obra poética nos dous anos que precederon a súa morte na Primeira Guerra Mundial. En comparación coa súa carreira como crítico e prosista –que iniciou ós 19– foi un poeta tardío, aínda que dono dunha voz madura e propia desde o primeiro poema. Aínda que se acostuma a definilo como un poeta xeorxiano, Thomas é difícil de clasificar e este término non parece facerlle xustiza; trátase dun ‘War Poet’ que non escribiu directamente sobre as trincheiras senón sobre o impacto, a través dunha delicada simboloxía, da guerra na vida e a paisaxe inglesa finisecular.