
 |
Héctor
E. Ciocchini
Héctor E. Ciocchini naceu
en 1922 en La plata, provincia de Buenos
Aires, Arxentina. Nesa cidade estudiou e
realizou a súa primeira actividade docente.
Máis tarde foi profesor titular das cátedras
de Literatura Española, Literatura Europea
e Estilística na Universidad Nacional del
Sur. O Instituto de Humanidades en Bahía
Blanca, en cuxa creación interveu activamente,
o Warburg Institute de Londres, os cursos
e seminarios ditados en numerosas universidades
de Europa e de América son algúns dos fitos
máis importantes da tarefa intelectual do
autor. A súa creación poética (trece libros)
alterna con estudios críticos, nos que Ciocchini
manifesta o seu amor polo mundo clásico
(Góngora e os emblemas, Garcilaso e a medida
áurea, Quevedo e as sereas) e a obra de
autores contemporáneos como Rimbaud, S.
Weil, R. Char, Paul Valéry, Rilke, María
Zambrano, Vicente Aleixandre, Lorca, Borges.
|