AutoresNovidadesColecciónsDistribuidoresNoticias







 

AUTORES



Francisco X. Fernández Naval

Francisco X. Fernández Naval (Ourense, 1956), poeta e narrador. Premio Cidade de Ourense de poesía en 1980 e en 2007 polos libros A fonte abagañada e Miño, respectivamente; premio Xerais de novela en 1988 pola obra O bosque das antas e premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
2010 por Bater de sombras e Premio Irmandade do libro, áo mellor libro galego publicado no ano 2012, pola novela A noite branca. É autor dunha ampla obra en galego, que inclúe poesía, novela, libros de relatos, ensaio, literatura infantil, xuvenil e de viaxes, guións cinematográficos e teatro. Algunhas das súas obras traducíronse a outras linguas, entre elas: castelán, éuscaro, catalán, francés, inglés, árabe e portugués.

No ano 2006 publicaba Respirar polo idioma: Os galegos e Julio Cortázar, visión da relación que o escritor arxentino mantivo con Galicia e cos galegos ampliada agora nesta nova entrega.

 
Autores

EDICIONES LINTEO I Primavera, 4 - 32005 Ourense - España I TEL 988 247 864 - FAX 988 247 163 I E-MAIL: linteo@edicioneslinteo.com